A clase de 5 anos de infantil do cole CEIP de Atios, desexa felicitaros neste nadal cos mellores decesos para o vindeiro 2015....
O BLOGUE DA PROFE SOLE
venres, 19 de decembro de 2014
"Cuchipanda" de Nadal
Despois do festival, tivemos unha boa comilona, puxémonos as botas..... aquí podédesnos ver gozando de todas as cousas que trouxeron os nenos/as.
Premio tarxeta de Nadal 2014
No festival do xoves tamén se deron os agasallos aos ganadores das tarxetas de Nadal. O ganador da clase de 5 anos foi Álex...... Felicidades Álex!!!!
"Mari Luz, avestruz"
Hoxe tivemos o festival de Nadal para as familias. Onte tivémolo para todos os alumnos/as do colexio. Estas fotos foron sacadas da función de onte. A verdade é que non son moitas, pero hoxe vin que moitos papis estaban facendo fotos.... estas serven de mostra. Os nenos/as fixérono moi ben e todos gozamos coa representación de "Mari Luz, avestruz".
mércores, 17 de decembro de 2014
"Tarabelos"
O martes visitounos Tarabelos cunha adaptación do "conto de Nadal" de Dickens....Pasámolo estupendamente e é unha marabilla ver como os nenos prestaban atención... aquí vos deixo unhas "fotitos" para que vos poidades facer unha idea.....
"Libro viaxeiro"
A semana pasada tócoulle a Aitana levar a casa o libro viaxeiro, pero como estivo enferma non o puido traer de volta.... así que volo poño hoxe para que vexades o ben que traballou ela e a súa mamá.......Felicidades!!!!
Aniversarios
O día 21 a mais pequecha da clase cumple 5 anos..... como o xoves e o venres imos ter moito traballo o celebramos hoxe.... mírade que contenta estaba Alicia....
Decoración nadal
Este ano colaboramos coa decoración do concello con estes paraguas que ides poder ver por Porriño. Este é o que fixo a nosa clase, pero os nosos compañeiros lucíronse.... tendes que velos....
luns, 15 de decembro de 2014
"O libro vaixeiro"
Aquí déixovos o último traballo do noso libro viaxeiro. Esta vez tocoulle levalo a Fabio.... Felicidades a el e á súa mami por un traballo tan ben feito....
Campás de Nadal
Como en anos anteriores mandamos para casa un adorno, este ano tocou unha campá, para que os nenos/as fágano coas súas familias. Como sempre hai que felicitar a todos polas cousas tan bonitas que fixeron.... sodes uns artistas!!!!!
Decoración de Nadal
O colé xa está completamente metido no Nadal, para os que non vides traer aos nenos ao cole, porque veñen en autobús, ensinámosvos o bonito que está o noso corredor, foi obra da profe Chus.....
"Tarabelos"
Mañá será un día especial.... para celebrar que NADAL xa está aí, cerquiña, cerquiña, virá o grupo Tarabelos para explicarnos contos de Nadal..... non nolo queremos perder.... Tarabelos xa son uns vellos coñecidos no noso colé.... e encántannos!!!
venres, 12 de decembro de 2014
Festival de Nadal
O Festival de nadal vai a ser primero o xoves para só os alumnos/as e o venres para as familias..... A profe Chus fíxonos sito tan bonito para a nosa obra de teatro, de qué irá...... teredes que vir o venres para vela. Moitas grazas profe Chus polo teu traballo....
"Todo preparado para o Nadal"
Xa falta moi pouco para o Nadal e xa vamos tendo preparadas todas as cosas. Así de bonitas quedáronnos as portadas. Foi unha idea que saquei do blog de "Mi grimorio escolar".
domingo, 7 de decembro de 2014
Saída a "Pirata Park"
Por fin chegou o venres e a tan esperada excursión a Pirata Park. Os menos/as o pasaron fenomenal, expresión como: "Cómo mola!!", "profe cándo volvemos"..... e as súas caras de alegría o din todo...... "A abordaxe... Piratas!!!!!"
mércores, 3 de decembro de 2014
"comprando no mercadillo"
Esta mañá, como tiñamos previsto, fomos de compras ao mercadillo. A verdade é que o pasamos moi ben, os nenos/as souberon comprar e ata calcular canto podían coller co diñeiro que tiñan. Aquí tendes unha mostra do que escollaron algún deles.
luns, 1 de decembro de 2014
Día dos dereitos dos menos
"Atención educativa"
Este é o vídeo que traballamos esta maña na clase de "atención educativa", a dos menos/as que non van a clase de relixión. Deixóvolo para que o poidades ver na casa todos..... Espero que vos guste.....
mércores, 26 de novembro de 2014
"Rastrillo"
Como xa sabemos os maiores este ano queren ir a neve. Con tal motivo montaron un "rastrillo". Esta mañá fumos a visitalos. Había moitas cousas bonitas: libros, películas, xoguetes. Todo moi barato a 50 céntimos ou a 1 euro. O próximo mércores volveremos a ir e todos os nenos que queiran comprar algo terán que traer os seus cartos. Así colaboraremos cos maiores e ao memos tempo practicaremos a comprar e verder.....
"Libro viaxeiro"
Aldara xa levou o libro viaxeiro a casa....
Felicidades a ela e a súa familia polo seu traballo.....
Felicidades a ela e a súa familia polo seu traballo.....
"Mundo Pirata Park"
Por fin!!!!! xa chegou a nosa primeira excursión!!! O próximo venres, 5 de decembro, como parte do proxecto "os piratas", iremos a Pirata Park. Recórdolles aos pais que os nenos teñen que levar a súa merenda nunha bolsa de plástico co seu nome por fóra. É suficiente con levar un bebible, unhas galletas.... nada de iogures con culleres, non me comprometo a traer de volta nin culleres, nin botellas de auga. Á abordaxe piratas!
!!!
!!!
sábado, 22 de novembro de 2014
"Cuento hasta 10 y me tranquilizo"
EMOTICÁNTICOS: "DESPACIO ME TRANQUILIZO"
Na clase estamos a intentar aprender a contar ata 10 antes de enfadarnos ou pegar outro compañeiro/a... e isto é moi difícil. Hai nenos que só resolven as súas diferenzas pegándose, e é tarefa de todos ensinarlle que é mellor dialogar que pelexar. Esta é a canción que utilizamos..... podedes escoitala na casa....
sábado, 15 de novembro de 2014
Rematou o día do Magosto 2014
Por fin o día rematou, todos quedamos cansos, pero contentos porque pasámolo moi ben.... xa esperando que sexa a hora de irnos, todos coa nosa coroa..... así da gusto vernos tan tranquiliños......
Gañadora das cabazas 2014
Aproveitando o magosto demos o premio das cabazas do Samaín 2014....A verdade é que é moi difícil otorgar o premio porque todas as cabazas estaban moi traballadas pero como hai que escoller unha..... foi para Nati.... así de contenta estaba co seu premio
Comendo castañas:magosto 2014
Por fin chegamos ao ximnasio, aí esperamos moi quietiños a que nos deran as castañas, gustáronnos moito e comímolas todas, a profe só puido probar unha ou dúas.....
Magosto 2014
Mentras uns facían a coroa outros estaban xogando, só temos esta foto porque a profe Sole estaba moi ocupada no taller de plástica, poñendo gomets, e non pudo ir a facer fotos..... pero polo menos hai unha....
Magosto 2014
Aquí estamos todos preparados para ir a comer as castañas, cos nosos cestiños..... algúns xa tiñan moita fame....
"Coroa do magosto"
Este ano o magosto chegou cheo de xogos e actividades. Dividímonos en grupos cos nenos/as de 3 e catro anos e fumos pasando por distinto xogos. Aquí estamos no taller de plástica facendo a coroa do magosto 2014...
luns, 10 de novembro de 2014
"O libro viaxeiro"
"O libro viaxeiro" foi a casa de Xiana, mirade que contenta está ela co seu traballo.... Moi ben Xiana e a súa familia!!!
Recuncho "piratas"
Aquí tedes algunhas das cousas que os nenos/as trouxeron para o recuncho dos piratas. Hai moitas mais películas e libros que non se ven nas fotografías. Imos a ter moito traballo porque aos rapaces encantalle ser piratas!!!
sábado, 8 de novembro de 2014
El puente
luns, 3 de novembro de 2014
Disfraces terroríficos!!!!!
Aquí podemos ver os rapaces disfrazados........ Non daban moito medo pero estaban moi guapos.....
Samaín 2014: "AS cabazas dos nenos/as"
Aquí podemos ver as cabazas que trouxeron os nenos/as, está claro que tantos os pais como eles son uns artistas......
mércores, 15 de outubro de 2014
Aniversario de Eric
Ben!!!!! Hoxe tuvemos outro aniversario, o segundo do mes e aínda nos quedan outros dous, Eric xa ten 5 súper anos...... Felicidades Eric!!!!!
Facendo cubos
Esta mañá acabamos o traballo sobre "o cubo", para remátalo fixemos un cubo, costounos un pouco de traballo e menos mal que nos axudou a profe Chus
luns, 6 de outubro de 2014
O noso "libro viaxeiro"
Esta semana o noso "libro viaxeiro" foi a casa de Izan... Parabens para el e para a súa familia por un traballo tan ben feito...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)