O BLOGUE DA PROFE SOLE
mércores, 26 de novembro de 2014
"Rastrillo"
Como xa sabemos os maiores este ano queren ir a neve. Con tal motivo montaron un "rastrillo". Esta mañá fumos a visitalos. Había moitas cousas bonitas: libros, películas, xoguetes. Todo moi barato a 50 céntimos ou a 1 euro. O próximo mércores volveremos a ir e todos os nenos que queiran comprar algo terán que traer os seus cartos. Así colaboraremos cos maiores e ao memos tempo practicaremos a comprar e verder.....
"Libro viaxeiro"
Aldara xa levou o libro viaxeiro a casa....
Felicidades a ela e a súa familia polo seu traballo.....
Felicidades a ela e a súa familia polo seu traballo.....
"Mundo Pirata Park"
Por fin!!!!! xa chegou a nosa primeira excursión!!! O próximo venres, 5 de decembro, como parte do proxecto "os piratas", iremos a Pirata Park. Recórdolles aos pais que os nenos teñen que levar a súa merenda nunha bolsa de plástico co seu nome por fóra. É suficiente con levar un bebible, unhas galletas.... nada de iogures con culleres, non me comprometo a traer de volta nin culleres, nin botellas de auga. Á abordaxe piratas!
!!!
!!!
sábado, 22 de novembro de 2014
"Cuento hasta 10 y me tranquilizo"
EMOTICÁNTICOS: "DESPACIO ME TRANQUILIZO"
Na clase estamos a intentar aprender a contar ata 10 antes de enfadarnos ou pegar outro compañeiro/a... e isto é moi difícil. Hai nenos que só resolven as súas diferenzas pegándose, e é tarefa de todos ensinarlle que é mellor dialogar que pelexar. Esta é a canción que utilizamos..... podedes escoitala na casa....
sábado, 15 de novembro de 2014
Rematou o día do Magosto 2014
Por fin o día rematou, todos quedamos cansos, pero contentos porque pasámolo moi ben.... xa esperando que sexa a hora de irnos, todos coa nosa coroa..... así da gusto vernos tan tranquiliños......
Gañadora das cabazas 2014
Aproveitando o magosto demos o premio das cabazas do Samaín 2014....A verdade é que é moi difícil otorgar o premio porque todas as cabazas estaban moi traballadas pero como hai que escoller unha..... foi para Nati.... así de contenta estaba co seu premio
Comendo castañas:magosto 2014
Por fin chegamos ao ximnasio, aí esperamos moi quietiños a que nos deran as castañas, gustáronnos moito e comímolas todas, a profe só puido probar unha ou dúas.....
Magosto 2014
Mentras uns facían a coroa outros estaban xogando, só temos esta foto porque a profe Sole estaba moi ocupada no taller de plástica, poñendo gomets, e non pudo ir a facer fotos..... pero polo menos hai unha....
Magosto 2014
Aquí estamos todos preparados para ir a comer as castañas, cos nosos cestiños..... algúns xa tiñan moita fame....
"Coroa do magosto"
Este ano o magosto chegou cheo de xogos e actividades. Dividímonos en grupos cos nenos/as de 3 e catro anos e fumos pasando por distinto xogos. Aquí estamos no taller de plástica facendo a coroa do magosto 2014...
luns, 10 de novembro de 2014
"O libro viaxeiro"
"O libro viaxeiro" foi a casa de Xiana, mirade que contenta está ela co seu traballo.... Moi ben Xiana e a súa familia!!!
Recuncho "piratas"
Aquí tedes algunhas das cousas que os nenos/as trouxeron para o recuncho dos piratas. Hai moitas mais películas e libros que non se ven nas fotografías. Imos a ter moito traballo porque aos rapaces encantalle ser piratas!!!
sábado, 8 de novembro de 2014
El puente
luns, 3 de novembro de 2014
Disfraces terroríficos!!!!!
Aquí podemos ver os rapaces disfrazados........ Non daban moito medo pero estaban moi guapos.....
Samaín 2014: "AS cabazas dos nenos/as"
Aquí podemos ver as cabazas que trouxeron os nenos/as, está claro que tantos os pais como eles son uns artistas......
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)