O BLOGUE DA PROFE SOLE

venres, 19 de decembro de 2014

Felicitación Nadal

A clase de 5 anos de infantil do cole CEIP de Atios, desexa felicitaros neste nadal cos mellores decesos para o vindeiro 2015....


"Cuchipanda" de Nadal

Despois do festival, tivemos unha boa comilona, puxémonos as botas..... aquí podédesnos ver gozando de todas as cousas que trouxeron os nenos/as.



Premio tarxeta de Nadal 2014

No festival do xoves tamén se deron os agasallos aos ganadores das tarxetas de Nadal. O ganador da clase de 5 anos foi Álex...... Felicidades Álex!!!!

"Mari Luz, avestruz"

Hoxe tivemos o festival de Nadal para as familias. Onte tivémolo para todos os alumnos/as do colexio. Estas fotos foron sacadas da función de onte. A verdade é que non son moitas, pero hoxe vin que moitos papis estaban facendo fotos.... estas serven de mostra. Os nenos/as fixérono moi ben e todos gozamos coa representación de "Mari Luz, avestruz".

mércores, 17 de decembro de 2014

"Tarabelos"

O martes visitounos Tarabelos cunha adaptación do "conto de Nadal" de Dickens....Pasámolo estupendamente e é unha marabilla ver como os nenos prestaban atención... aquí vos deixo unhas "fotitos" para que vos poidades facer unha idea.....

"Libro viaxeiro"

A semana pasada tócoulle a Aitana levar a casa o libro viaxeiro, pero como estivo enferma non o puido traer de volta.... así que volo poño hoxe para que vexades o ben que traballou ela e a súa mamá.......Felicidades!!!!



Aniversarios

O día 21 a mais pequecha da clase cumple 5 anos..... como o xoves e o venres imos ter moito traballo o celebramos hoxe.... mírade que contenta estaba Alicia....


Decoración nadal

Este ano colaboramos coa decoración do concello con estes paraguas que ides poder ver por Porriño. Este é o que fixo a nosa clase, pero os nosos compañeiros lucíronse.... tendes que velos....


luns, 15 de decembro de 2014

"O libro vaixeiro"

Aquí déixovos o último traballo do noso libro viaxeiro. Esta vez tocoulle levalo a Fabio.... Felicidades a el e á súa mami por un traballo tan ben feito....




Campás de Nadal

Como en anos anteriores mandamos para casa un adorno, este ano tocou unha campá, para que os nenos/as fágano coas súas familias. Como sempre hai que felicitar a todos polas cousas tan bonitas que fixeron.... sodes uns artistas!!!!!










Decoración de Nadal

O colé xa está completamente metido no Nadal, para os que non vides traer aos nenos ao cole, porque veñen en autobús, ensinámosvos o bonito que está o noso corredor, foi obra da profe Chus.....

"Tarabelos"

Mañá será un día especial.... para celebrar que NADAL xa está aí, cerquiña, cerquiña, virá o grupo Tarabelos para explicarnos contos de Nadal..... non nolo queremos perder.... Tarabelos xa son uns vellos coñecidos no noso colé.... e encántannos!!!


venres, 12 de decembro de 2014

Festival de Nadal

O Festival de nadal vai a ser primero o xoves para só os alumnos/as e o venres para as familias..... A profe Chus fíxonos sito tan bonito para a nosa obra de teatro, de qué irá...... teredes que vir o venres para vela.  Moitas grazas profe Chus polo teu traballo....


"Todo preparado para o Nadal"

Xa falta moi pouco para o Nadal e  xa vamos tendo preparadas todas as cosas.  Así de bonitas quedáronnos as portadas.  Foi unha idea que saquei do blog de "Mi grimorio escolar".


domingo, 7 de decembro de 2014

Saída a "Pirata Park"

Por fin chegou o venres e a tan esperada excursión a Pirata Park.  Os menos/as o pasaron fenomenal, expresión como: "Cómo mola!!", "profe cándo volvemos"..... e as súas caras de alegría o din todo...... "A abordaxe... Piratas!!!!!"

mércores, 3 de decembro de 2014

"comprando no mercadillo"

Esta mañá, como tiñamos previsto, fomos de compras ao mercadillo. A verdade é que o pasamos moi ben, os nenos/as souberon comprar e ata calcular canto podían coller co diñeiro que tiñan. Aquí tendes unha mostra do que escollaron algún deles.


luns, 1 de decembro de 2014

Día dos dereitos dos menos

Os nenos non son "mini adultos" con mini dereitos".  Ponte no seu lugar e defende os seis dereitos de menos.....

"Atención educativa"

Este é o vídeo que traballamos esta maña na clase de "atención educativa", a dos menos/as que non van a clase de relixión.  Deixóvolo para que o poidades ver na casa todos..... Espero que vos guste.....



"Libro viaxeiro"

Esta fin de semana o "libro viaxeiro" foi a casa de Óscar.... Moi bo traballo!!!!  Felicidades!!!!