Este ano estivemos traballando moito o día do paz, vimos películas, escoitamos cancións, fixemos un librito.... e todo o ciclo de infantil fixo este "tren da paz" que puxemos no corredor do colé Cada curso cargou o seu vagón cos seus bos desexos..... aquí déixovolo para que o poidades ver.......
O BLOGUE DA PROFE SOLE
xoves, 29 de xaneiro de 2015
Canción "Manos del mundo" de Andy e Lucas
De todas as cancións que escoitamos sobre a paz, esta titulada "mans", de Andy e Lucas, foi a que lle gustou máis aos nenos..... aquí queda para que a poidades escoitar en casa.
Libro do "Día da paz"
En clase estivemos pensando en qué é a paz.... esta son algunhas das ideas que recollemos do que é a paz..... daquela os nenos colorearon os debuxos e fixemos un libro para que o poidan levar a casa e así seguir falando da paz......
mércores, 28 de xaneiro de 2015
Aniversarios
Xa temos outro membro no grupo de 6 anos: Martita!!!! Ai!!!!!! Cómo crecen estos rapaces..... Felicidades Marta!!!!
luns, 26 de xaneiro de 2015
"Libro viaxeiro"
O noso "libro viaxeiro" este fin de semana viaxou a casa de Nahiara. Mirade que bonita fixeron a letra V, parabens a Nahirara e a súa mamá que lle axudou a facelo.
sábado, 24 de xaneiro de 2015
O Entroido
Este ano o carnaval do colexio virará en torno a D. Quixote da Mancha. A nosa clase disfrazarase do seu autor, Miguel de Cervantes. Necesitamos que os nenos traian un pantalón curto, no que gramparemos tiras para facer o faldón, polo cal mellor que non sexa novo. Un xersei negro ou escuro e uns leotardos negros por baixo e ademais moitas ganas de pasalo ben....... Ánimo a todos os meus pequenos "cervantes"....
martes, 20 de xaneiro de 2015
"osito Gominola"
Como Xiana pediume que colgase a canción de "osito gominola"... aquí vai... para que poidades bailar ata cansarvos....
luns, 19 de xaneiro de 2015
"libro viaxeiro"
Este fin de semana o "libro viaxeiro" foi ata a casa de Anxo. Mirade que traballo tan bonito realizaron Anxo, papá, mamá e a súa irmá. Enhorabuena familia!!!
"Xogando coa espuma"
Esta fin de semana varios alumnos foron á neve, outros quedaron en casa porque facía frío e chovía. Puxémonos a falar do que se pode facer na neve e decidimos utilizar espuma de afeitar para facernos unha idea..... como vedes pasárono fenomenal e acabaron todos coa espuma pola cara.... aquí tedes a mostra do que se divertiron....
sábado, 17 de xaneiro de 2015
A nos a nova pizarra digital
Estamos de enhoraboa na clase de 5 anos. O cole comprounos unha pizarra dixital. Podedes ver que chula... non só para ver películas senón que poderemos facer fichas entre todos, as rutinas da asemblea.... en fin todo un mundo por descubrir......Felicidades rapaces/zas!!!!
luns, 12 de xaneiro de 2015
Pintando con maquillaje
Normalmente usamos, ceras, acuarelas, rotuladores.......para colorear, pero hoxe en clase utilizamos algo especial: pintalabios, maquillaje, aos nenos encántalles e pasárono xenial.... mirade que concentrados están....
sábado, 10 de xaneiro de 2015
Vacacións Nadal
Á volta de vacacións todos os alumnos tiñan moitas cousas que contar!!!! Xiana estaba feliz porque foi a Paris!!!! Fixádevos que regalilño tan bonito tróuxome de alí..... moitas grazas a Xiana e aos suas papis por acordarse da profe......
Regalo de Reis
Non o podiamos crer..... Os Reis deixáronnos un agasallo na clase.... unha tenda onde meternos para ler libros, ou simplemente para estar alí pensando. Tivemos que montala porque os Reis non se tomaron a molestia de facelo, pero coa axuda dos nenos quedou así de xeitosiña....
Aniversarios de xaneiro
Xa temos o primeiro "cumpleañero" do ano, Salah, o día 5 de xaneiro cumpriu 6 anos, ou sexa, é o maior da clase. Felicidades Salah!!!!!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)








