O BLOGUE DA PROFE SOLE

luns, 29 de xuño de 2015

Infantil 3 anos

Espero que os pais/nais de tres anos, xa estean visitando o noso blogue.... para recordar.....


mércores, 24 de xuño de 2015

xoves, 18 de xuño de 2015

Xa somos de primeiro

Como parte de proceso de incorporación a primaria, esta maña fumos as aula de primeiro. Alí as profes explicáronnos como funciona a clase, que tamén hai delegado, que xa teñen libros e ao final fixemos unha mandala..... logo de tanto falar de primeiro os nenos xa teñen moitas ganas de que chegue o momento de ser maiores, maiores....... Isto acábase!!!!




mércores, 17 de xuño de 2015

venres, 12 de xuño de 2015

Final curso

Preparando as cousas para o final de curso...... A profe non é un polbo....... pero casi.....


xoves, 11 de xuño de 2015

No patio de primaria

Primeiro merendamos sentados..... os maiores xogan e merendan pero nós é mellor que fagamos só unha cousa.....
Es que tiñan irmáns  o tiveron máis fácil....




Outros atopáronse como se levasen toda a vida no patio dos maiores....xogando ao fútbol....


Entrada paro primaria

Esta mañá entramos pola porta de infantil......así de contentos estabamos...


mércores, 10 de xuño de 2015

Entrada polla porta de primaria

Mañá como preparación ao paso de infantil a primaria, os nenos entrarán e sairán pola entrada de primaria e tamén irán ao patio de maiores..... ai!!!! é que xa falta tan pouquiño.......

"visita de Nayra"

Esta mañá tivemos unha visita moi especial, Nayra, a irmá de Alex, os nenos/as estivéronlle ensinando a casita do patio, e ela tan feliz.....



"No areeiro"

Estas semanas fixo moi bo tempo e os nenos puideron gozar do areeiro, mirade que entretidos están aquií. En clase falando dicían que unha das cousas que ían botar de menos en primaria era o areeiro....



martes, 9 de xuño de 2015

"Pasamos para primaria"

Hoxe fixéronnos unha visita Ale e Valeria de primeiro, faláronnos da súa experiencia en primeiro, as cousas novas que hai e os nenos/as fixeronlle moitas preguntas para quitar os medos que ás veces se teñen ao pasar para primeiro...