Deixovos para que a poidades escoitar cos menos/as a canción coa que nos saúdamos pola maña, é "Buenos días" de Dámaris Gelabert...
O BLOGUE DA PROFE SOLE
venres, 25 de setembro de 2015
"Canción Buenos días"
Deixovos para que a poidades escoitar cos menos/as a canción coa que nos saúdamos pola maña, é "Buenos días" de Dámaris Gelabert...
"Clase de relixión"
Hoxe tamén tivemos clase de relixión e valores, quedámonos todos xuntos en clase e estivemos vendo unha película, para que fosen coñecendo á profe Eva.... mirade que cine temos en clase..
"O club do mandilón"
Na clase temos "o club do mandilón". Formarán parte deste club os nenos/as que saiban poñerse sos o mandilón, abotonarse e logo sacalo. Por agora só Carolina conseguiuno pero espero que deica pouco todos os nenos/as formen parte deste club.....porque vai haber premio...
xoves, 24 de setembro de 2015
Primeiro día de comedor
Hoxe foi o primeiro día que tivemos o horario completo e tamén fomos por primeira vez ao comedor. Veunos a recoller a cuidadora Judit e fixémosnos unha foto con ela...
Medallas de período de adaptación
Xa chegamos ao final do período de adaptación, a verdade é que foi moi ben e como recordo fixémoslle aos nenos/as unha medalla de recordo....porque todos son uns campións!!!
domingo, 20 de setembro de 2015
Período de adaptación curso 2015/2016
O venres foi o primeiro día que asistiron todos os alumnos/as xuntos ao cole. A verdade é que todo foi moi ben....aquí podedes velos lavándose as mans, ao principio custáballes moito abrir a auga pero agora axúdanse uns a outros e xa o van conseguindo. O venres tamén foi o primeiro día que merendamos no cole, tocaba froita e todos comeron moi ben. Felicidades, sodes uns campións!!!
venres, 11 de setembro de 2015
Período de adaptación 2015
Así de guapos estaban os nenos/as no seu primeiro día de clase....ademais teñen cara de ser moi intelixentes.....creo que imos ter un curso moi bo. Aínda se teñen que incorporar dous máis....
Período de adaptación 2015
Hoxe tocounos traballar con plastilina, fixemos un caracol, así de atentos estaban todos os menos/as...
xoves, 10 de setembro de 2015
O primeiro día de clase
Hoxe foi o noso primeiro día de clase, e por suposto o primeiro recuncho onde estivemos foi o da cociña....alí o pasamos fenomenal e xa aprendimos a recoller.....
mércores, 9 de setembro de 2015
Inicio curso 2015/2016
Aquí estamos de novo... despois do verán con ganas de recibir aos novos alumnos/as. Un saúdo para todos....
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)






















