O BLOGUE DA PROFE SOLE
martes, 29 de marzo de 2016
"Letra O"
"Tarefas dos menos/as na casa"
Cada vez os nenos chegan ao cole cunha gran dependencia dos seus pais. Non saben poñer os seus abrigos, recoller as súas cousas....etc. Os nenos destas idades poden facer moitas cousas, aquí tendes/tedes unha serie de tarefas que poden facer dependendo da idade. O que un neno poida facer, non o deben de facer os seus pais.....
venres, 18 de marzo de 2016
xoves, 17 de marzo de 2016
"cesta viaxeira"
Esta semana a nosa cesta viaxeira foise a casa de María. Era unha sorpresa o que traía dentro...e ....cando a abrimos...Sorpresa!!!! viñan ovos de Pascua. Un grande e pequenos. Analizamos o tamaño, miramos si soaba (e si soaba, parece que traía un agasallo). Logo traballamos cos ovos de chocolate, contámolos, separámolos por cores. E para rematar, claro, comémosnolos!!!!! estaban riquísimos. Grazas María!!!
luns, 14 de marzo de 2016
Carreira de Porriño
Este domingo foi a carreira de Porriño....aquí temos aos tres participantes da clase de 3 anos, son uns atletas. Alba e Cibrán trouxéronnos a súa medalla e así de guapos están....
domingo, 13 de marzo de 2016
xoves, 10 de marzo de 2016
"Alumno especial"
Esta semana Borja foi o alumnos especial por facer moi ben as súas tarefas e polo seu bo comportamento. Como premio sacou un cupón e isto é o que lle tocou.... Parabéns Borja!!! Poderá traer o que queira para a súa merenda!!!
"Espuma de afeitar"
Cada ano xogamos en clase con espuma de afeitar, é algo moi sinxelo e aos nenos/as encántalles. Mirade que ben o pasaron....
venres, 4 de marzo de 2016
Actividades artísticas
Hoxe estivemos traballando en actividades artísticas. Fixemos unha "obra de arte" moi bonita. Nunha cartulina negra, a profe cunha tiza branca debuxo unhas ramas. Nós con pinceles coloreamos bólas de cores e despois antes de que secase botámoslle sal e o resultado foi este.....
Asemblea
Hoxe Bruno tróuxonos a clase as medallas que gañou co atletismo. Estívonos contando que corre, cando o fai e cousas así. Durante a asemblea é o momento de falar, de contar as nosas cousas, o que fixemos, o que nos gusta, ... A algúns aínda lles custa pero outros xa falan moito.....
E ágora qué fago?
Hai menos/as que acaban pronto os seus traballos e inmediatamente a pregunta que fan é, "e agora que fago profe?". Para eses alumnos fixen un vaso cuns paliños que o neno debe sacar e aí viralle algunha actividade para facer: xogar con plastilina, facer un debuxo libre..... estas actividades irán cambiando co tempo. A ver que tal nos resulta....
xoves, 3 de marzo de 2016
Cancións
Experimentos
Despois de falar do experimento, do motivo porque se nada mellor na praia que no río, o deixamos plasmado nunha ficha.....
Experimentos de clase
Hoxe quixemos ver que pasaba si metíamos un ovo nun vaso con auga, nun vaso con agua e azucre e auga con sal....este foi o resultado....
Este é auga e agua con azucre, o ovo foi para abaixo....
Este é auga e agua con azucre, o ovo foi para abaixo....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)