Esta foi unha semana intensa, creo que todos, profe e alumnos/ás chegamos cansos ao venres. Estaba a pensar no difícil que é facerse entender.Maestros e pais a miúdo temos problemas neste aspecto. Cantas veces non dixemos "dixencho 20 veces... ". As cousas podémolas repetir as veces que faga falta, pero cantas veces nos aseguramos de que o receptor realmente entendeu o que lle dixemos. déixovos cun dos múltiples erros de comunicación, sei que é moi coñecido, pero espero que logre sacarvos un gran sorriso. Bo fin de semana
Ningún comentario:
Publicar un comentario