O BLOGUE DA PROFE SOLE

martes, 17 de marzo de 2015

Saída a biblioteca

Non sei si fun capaz de recoller nas fotos o ben que o pasaron os nenos/as na saída á biblioteca de Vigo. O bibliotecario, César, soubo desde o primeiro momento captar a súa atención. Aprenderon as cousas que podes atopar nunha biblioteca: libros, DVDs, películas, xornais e revistas. Hai libros de moitos idiomas, ata un sen letras, en braille. Viron un libro chiquitín, un moi grande e outros libros xeniais. Ao final un conto, un debuxo e exploración libre da biblioteca. Disto último non hai fotos porque xa se me acabou a batería das fotos. É fantástico cando os nenos dinche: "profe pasámolo xenial". Xa sabedes papás a levalos ás bibliotecas. Imos ver as fotos.
Primeiro  unhas fotos da biblioteca......


Ningún comentario:

Publicar un comentario