O BLOGUE DA PROFE SOLE
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de abril de 2014

Rematouse o trimestre

Despois dun moi longo trimestre xa están os traballos nas casas.  Espero que todos poidades descansar para vir con novas forzas.   Aquí vos deixo as  tapas dos nosos traballiños





martes, 8 de abril de 2014

Pintando no patio

Hoxe aproveitando que facía bo tempo, saímos a facer un mural fóra. Quedounos un cadro tipo abstrato moi chulo.... quedou colgado no noso corredor..



venres, 4 de abril de 2014

Pintando con chocolate

O proxecto sobre o chocolate está practicamente rematado. Esta semana estivemos a pintar un ovo de pascua con chocolate. Os nenos/ás pasárono xenial chupando os platos....aquí podédelos ver traballando....


martes, 18 de marzo de 2014

Pintando con palliñas como si fosen flores ou estrelas

Hoxe volvemos a pintar con palliñas, pero esta vez non foi ca técnica do soplido, as abrimos por abaixo como se fosen flores ou estrelas e fixemos unhas composición que como podedes ver quedaron moi chulas....aquí vos deixo unha mostra...

sábado, 15 de marzo de 2014

Pintando con palliñas

Este venres na clase da profe Eva, a profe da "lingua" os nenos/as estiveron pintando con palliñas, utilizando a técnica do "soprado". Como podedes ver se esmeraron moito aínda que algúns dicían que se cansaban e faltáballe o aire. Quedáronlles unhas "obras de arte" moi bonitas.