O BLOGUE DA PROFE SOLE
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto chocolate. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto chocolate. Amosar todas as publicacións

venres, 4 de abril de 2014

Pintando con chocolate

O proxecto sobre o chocolate está practicamente rematado. Esta semana estivemos a pintar un ovo de pascua con chocolate. Os nenos/ás pasárono xenial chupando os platos....aquí podédelos ver traballando....


xoves, 27 de marzo de 2014

"Tarta de galleta da avoa"

Hoxe dentro do proxecto do chocolate fixemos a tarta de galletas da avoa.  Como podedes ver tivemos a colaboración de varios país. Os nenos/as pasárono xenial e a todos quedaronos moitas ganas de repetir a experiencia.  Moitas gracias nais e pai sen vosa colaboración non tería sido posible facelo.

martes, 25 de marzo de 2014

Facendo canapés

Esta mañá estivemos facendo canapés de nocilla. Ao final levaron o seu canapé para casa..... non sei se estarían ricos pero pasáronno moi ben facéndoos. Esta foi a preparación para a tarta de galleta da avoa que imos facer o xoves.


venres, 21 de marzo de 2014

Unha torta que di: "cómeme, cómeme"

O próximo xoves 20 de marzo imos realizar a tarta de galletas da "avoa" dentro do proxecto do chocolate.  Por agora apuntáronse dous pais, pero a verdade que necesitaríamos polo menos 6... así a animarse, prometemos dar un anaquiño de tarta.  A que ten boa pinta?  A hora será as 12.30.