O BLOGUE DA PROFE SOLE
Amosando publicacións coa etiqueta magosto 2014. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta magosto 2014. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de novembro de 2014

Rematou o día do Magosto 2014

Por fin o día rematou, todos quedamos cansos, pero contentos porque pasámolo moi ben.... xa esperando que sexa a hora de irnos, todos  coa nosa coroa..... así da gusto vernos tan tranquiliños......

Comendo castañas:magosto 2014

Por fin chegamos  ao ximnasio, aí esperamos moi quietiños a que nos deran as castañas,  gustáronnos moito e comímolas todas, a profe só puido probar unha ou dúas.....

Magosto 2014

Mentras uns facían a coroa outros estaban xogando, só temos esta foto porque a profe Sole estaba moi ocupada no taller de plástica, poñendo gomets, e non pudo ir a facer fotos..... pero polo menos hai unha....

Magosto 2014

Aquí estamos todos preparados para ir a comer as castañas, cos nosos cestiños..... algúns xa tiñan moita fame....

"Coroa do magosto"

Este ano o magosto chegou cheo de xogos e actividades.  Dividímonos en grupos cos nenos/as de 3 e catro anos e fumos pasando por distinto xogos.  Aquí estamos no taller de plástica facendo a coroa do magosto 2014...