O BLOGUE DA PROFE SOLE

xoves, 13 de marzo de 2014

Pintando con globos


A maioría da xente para pintar utiliza pinceis.... pero os nenos de infantil son especiais.  Mirad que ben pintan cuns sinxelos globos e ademais  pasárono fenomenal...

mércores, 12 de marzo de 2014

Na biblioteca

Esta mañá fumos a pasar un rato a biblioteca do cole. Como podedes observar aos nenos gústalle moito mirar libros. Anímovos a que os poidades levar as bibliotecas que teñades cerca.

martes, 11 de marzo de 2014

Proxecto "os nosos números importantes"

Durante o mes de marzo estaremos traballando sobre "os nosos números importantes", polo que pedirei a colaboración dos pais sobre tallas, teléfonos, direccións. Estade atentos.... queremos aprender que os números están presentes no noso día a día.

luns, 10 de marzo de 2014

Letrilandia: "la señora de la montaña"

Esta semana comezamos a traballar a letra "m", aquí vos deixo a canción da "señora da montaña" para que poidades escoitala tamén na casa.

xoves, 6 de marzo de 2014

Números

Deixovos unha das fichas sobre números que estamos traballando na clase.(Ficha sacada do blogg "Mi grimorio escolar")