O resultado de tanto soplar e soplar pola palliña foi éste....
O BLOGUE DA PROFE SOLE
xoves, 10 de abril de 2014
martes, 8 de abril de 2014
Viaxe a Guinea Ecuatorial
Cada vez esta máis preto, o próximo martes ás 10 da mañá estaremos a saír para Guinea Ecuatorial. Teño sentimentos de alegría e ao mesmo tempo de tristura por deixar aquí á miña familia e como non ao colexio e aos meus alumnos/as. Pero dende logo hai moita gratitude no meu corazón pola vosa xenerosidade e apoio. Mil grazas ao alumnado e as meus compañeiros. Vémonos en setembro.
Pintando no patio
Hoxe aproveitando que facía bo tempo, saímos a facer un mural fóra. Quedounos un cadro tipo abstrato moi chulo.... quedou colgado no noso corredor..
venres, 4 de abril de 2014
Vendo a película
E por fin chegou o momento de ver a película. Vede que formaliños están os nenos/as, comendo as seus flocos de millo. Despois moi amablemente deixáronnos merendar no memo cine.....
Atendendo ás explicacións
Despois fomos á sala de proxecións onde nos explicaron como se proxectan as películas. Como vedes estivemos moi atentos a todo o que nos dicían
Saída ao cine: viaxando no autobús
Por fin chegou o venres e a tan esperada saída ao cine. Para moitos nenos/as era a súa primeira vez. Aquí estamos no autobús, todos co seu cinturón ben posto e portándose moi ben.
Pintando con chocolate
O proxecto sobre o chocolate está practicamente rematado. Esta semana estivemos a pintar un ovo de pascua con chocolate. Os nenos/ás pasárono xenial chupando os platos....aquí podédelos ver traballando....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





