O venres foi o primeiro día que asistiron todos os alumnos/as xuntos ao cole. A verdade é que todo foi moi ben....aquí podedes velos lavándose as mans, ao principio custáballes moito abrir a auga pero agora axúdanse uns a outros e xa o van conseguindo. O venres tamén foi o primeiro día que merendamos no cole, tocaba froita e todos comeron moi ben. Felicidades, sodes uns campións!!!
O BLOGUE DA PROFE SOLE
domingo, 20 de setembro de 2015
venres, 11 de setembro de 2015
Período de adaptación 2015
Así de guapos estaban os nenos/as no seu primeiro día de clase....ademais teñen cara de ser moi intelixentes.....creo que imos ter un curso moi bo. Aínda se teñen que incorporar dous máis....
Período de adaptación 2015
Hoxe tocounos traballar con plastilina, fixemos un caracol, así de atentos estaban todos os menos/as...
xoves, 10 de setembro de 2015
O primeiro día de clase
Hoxe foi o noso primeiro día de clase, e por suposto o primeiro recuncho onde estivemos foi o da cociña....alí o pasamos fenomenal e xa aprendimos a recoller.....
mércores, 9 de setembro de 2015
Inicio curso 2015/2016
Aquí estamos de novo... despois do verán con ganas de recibir aos novos alumnos/as. Un saúdo para todos....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















