O BLOGUE DA PROFE SOLE

luns, 31 de marzo de 2014

Evaluación de normas

Hoxe mándovos para casa unha ficha sobre "as normas da clase" para que poidades repasar cos vosos fillos/as aquelas que eles pensan que xa alcanzaron. Falade con eles sobre o tema e a importancia de comportarse ben na escola. Entre todos conseguiremos erradicar comportamentos que non están ben.



venres, 28 de marzo de 2014

Vamos castores

 
Esta foi unha semana intensa, creo que todos, profe e alumnos/ás chegamos cansos ao venres. Estaba a pensar no difícil que é facerse entender. Maestros e pais a miúdo temos problemas neste aspecto. Cantas veces non dixemos "dixencho 20 veces... ". As cousas podémolas repetir as veces que faga falta, pero cantas veces nos aseguramos de que o receptor realmente entendeu o que lle dixemos. déixovos cun dos múltiples erros de comunicación, sei que é moi coñecido, pero espero que logre sacarvos un gran sorriso. Bo fin de semana

xoves, 27 de marzo de 2014

"Tarta de galleta da avoa"

Hoxe dentro do proxecto do chocolate fixemos a tarta de galletas da avoa.  Como podedes ver tivemos a colaboración de varios país. Os nenos/as pasárono xenial e a todos quedaronos moitas ganas de repetir a experiencia.  Moitas gracias nais e pai sen vosa colaboración non tería sido posible facelo.

mércores, 26 de marzo de 2014

Saída ao cine dos nenos/as de Infantil

O próximo vernes, 4 de abril, os nenos de infantil imos ir ao cine.... a ver "las aventuras de Peabody e Sherman". Traballamos moito e merecemos unha sesión fantástica de cine cos nosos compañeiros e as profes..

martes, 25 de marzo de 2014

Facendo canapés

Esta mañá estivemos facendo canapés de nocilla. Ao final levaron o seu canapé para casa..... non sei se estarían ricos pero pasáronno moi ben facéndoos. Esta foi a preparación para a tarta de galleta da avoa que imos facer o xoves.


Benvida Bistrita!!!!!!!

Temos unha rapaza nova na clase, chamase Bistrita, é encantadora, parece que leva todo o curso con nós. 

Deixóvola aquí para que a vaiades coñecendo.  Benvida Bistrita....

luns, 24 de marzo de 2014

Maletas solidarias

Noticia sacada do blogue do colexio de "actividades extraescolares"
A nosa compañeira Sole , emprende unha aventura de "supereducadora" en.... a ver  adiviñades onde????