O BLOGUE DA PROFE SOLE
luns, 25 de agosto de 2014
Despedida no colexio "El Buen Pastor"..... pensando xa no novo curso....
Despois dun longo verán aprendendo xuntos, chegou o momento da despedida. Foi unha pracer ensinarlles, rir con eles.... deséxolles o mellor. Agora xa toca pensar no próximo curso..... rapaces de 5 anos espérovos!!!!!
martes, 15 de abril de 2014
Día do Libro
O próximo 23 de abril é o día do libro, este ano non o poderei celebrar con meus alumnos/as por iso lles deixo esta reflexión. Os libros cultivan a nosa imaxinación e alimentan as nosas fantasías. É o noso mestre e o noso compañeiro de aventuras. Feliz Día do libro.....
A asertividade
Que importante é traballar a intelixencia emocional nos nenos/as. Deixovos un vídeo sobre a asertividade. Espero que vos guste
venres, 11 de abril de 2014
os nosos coelliños de pascua
Deséxovos a todos unhas felices vacacións.E nada mellor para comezalas que comer uns ovos de chocolate...así quedaron os coellos da nosa clase...
Rematouse o trimestre
Despois dun moi longo trimestre xa están os traballos nas casas. Espero que todos poidades descansar para vir con novas forzas. Aquí vos deixo as tapas dos nosos traballiños
xoves, 10 de abril de 2014
Teño un problema, que fago?
As veces os nenos non saben como solucionar os seus problemas, déixovos un cartel para falar con eles deste tema(sacado do blogue "mi pequeño mundo"
Elementos do noso experimento
Este mércores decidimos facer un experimento. Que pasaría se nun prato poñemos auga con fairy e despois sopramos por unha palliña? Ademais para que quede máis bonito poñémoslle unhas gotitas de colorantes...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


