O BLOGUE DA PROFE SOLE
mércores, 26 de novembro de 2014
"Rastrillo"
Como xa sabemos os maiores este ano queren ir a neve. Con tal motivo montaron un "rastrillo". Esta mañá fumos a visitalos. Había moitas cousas bonitas: libros, películas, xoguetes. Todo moi barato a 50 céntimos ou a 1 euro. O próximo mércores volveremos a ir e todos os nenos que queiran comprar algo terán que traer os seus cartos. Así colaboraremos cos maiores e ao memos tempo practicaremos a comprar e verder.....
"Libro viaxeiro"
Aldara xa levou o libro viaxeiro a casa....
Felicidades a ela e a súa familia polo seu traballo.....
Felicidades a ela e a súa familia polo seu traballo.....
"Mundo Pirata Park"
Por fin!!!!! xa chegou a nosa primeira excursión!!! O próximo venres, 5 de decembro, como parte do proxecto "os piratas", iremos a Pirata Park. Recórdolles aos pais que os nenos teñen que levar a súa merenda nunha bolsa de plástico co seu nome por fóra. É suficiente con levar un bebible, unhas galletas.... nada de iogures con culleres, non me comprometo a traer de volta nin culleres, nin botellas de auga. Á abordaxe piratas!
!!!
!!!
sábado, 22 de novembro de 2014
"Cuento hasta 10 y me tranquilizo"
EMOTICÁNTICOS: "DESPACIO ME TRANQUILIZO"
Na clase estamos a intentar aprender a contar ata 10 antes de enfadarnos ou pegar outro compañeiro/a... e isto é moi difícil. Hai nenos que só resolven as súas diferenzas pegándose, e é tarefa de todos ensinarlle que é mellor dialogar que pelexar. Esta é a canción que utilizamos..... podedes escoitala na casa....
sábado, 15 de novembro de 2014
Rematou o día do Magosto 2014
Por fin o día rematou, todos quedamos cansos, pero contentos porque pasámolo moi ben.... xa esperando que sexa a hora de irnos, todos coa nosa coroa..... así da gusto vernos tan tranquiliños......
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


