O BLOGUE DA PROFE SOLE

venres, 19 de decembro de 2014

Felicitación Nadal

A clase de 5 anos de infantil do cole CEIP de Atios, desexa felicitaros neste nadal cos mellores decesos para o vindeiro 2015....


"Cuchipanda" de Nadal

Despois do festival, tivemos unha boa comilona, puxémonos as botas..... aquí podédesnos ver gozando de todas as cousas que trouxeron os nenos/as.



Premio tarxeta de Nadal 2014

No festival do xoves tamén se deron os agasallos aos ganadores das tarxetas de Nadal. O ganador da clase de 5 anos foi Álex...... Felicidades Álex!!!!

"Mari Luz, avestruz"

Hoxe tivemos o festival de Nadal para as familias. Onte tivémolo para todos os alumnos/as do colexio. Estas fotos foron sacadas da función de onte. A verdade é que non son moitas, pero hoxe vin que moitos papis estaban facendo fotos.... estas serven de mostra. Os nenos/as fixérono moi ben e todos gozamos coa representación de "Mari Luz, avestruz".

mércores, 17 de decembro de 2014

"Tarabelos"

O martes visitounos Tarabelos cunha adaptación do "conto de Nadal" de Dickens....Pasámolo estupendamente e é unha marabilla ver como os nenos prestaban atención... aquí vos deixo unhas "fotitos" para que vos poidades facer unha idea.....

"Libro viaxeiro"

A semana pasada tócoulle a Aitana levar a casa o libro viaxeiro, pero como estivo enferma non o puido traer de volta.... así que volo poño hoxe para que vexades o ben que traballou ela e a súa mamá.......Felicidades!!!!



Aniversarios

O día 21 a mais pequecha da clase cumple 5 anos..... como o xoves e o venres imos ter moito traballo o celebramos hoxe.... mírade que contenta estaba Alicia....