Este ano estivemos traballando moito o día do paz, vimos películas, escoitamos cancións, fixemos un librito.... e todo o ciclo de infantil fixo este "tren da paz" que puxemos no corredor do colé Cada curso cargou o seu vagón cos seus bos desexos..... aquí déixovolo para que o poidades ver.......
O BLOGUE DA PROFE SOLE
xoves, 29 de xaneiro de 2015
Canción "Manos del mundo" de Andy e Lucas
De todas as cancións que escoitamos sobre a paz, esta titulada "mans", de Andy e Lucas, foi a que lle gustou máis aos nenos..... aquí queda para que a poidades escoitar en casa.
Libro do "Día da paz"
En clase estivemos pensando en qué é a paz.... esta son algunhas das ideas que recollemos do que é a paz..... daquela os nenos colorearon os debuxos e fixemos un libro para que o poidan levar a casa e así seguir falando da paz......
mércores, 28 de xaneiro de 2015
Aniversarios
Xa temos outro membro no grupo de 6 anos: Martita!!!! Ai!!!!!! Cómo crecen estos rapaces..... Felicidades Marta!!!!
luns, 26 de xaneiro de 2015
"Libro viaxeiro"
O noso "libro viaxeiro" este fin de semana viaxou a casa de Nahiara. Mirade que bonita fixeron a letra V, parabens a Nahirara e a súa mamá que lle axudou a facelo.
sábado, 24 de xaneiro de 2015
O Entroido
Este ano o carnaval do colexio virará en torno a D. Quixote da Mancha. A nosa clase disfrazarase do seu autor, Miguel de Cervantes. Necesitamos que os nenos traian un pantalón curto, no que gramparemos tiras para facer o faldón, polo cal mellor que non sexa novo. Un xersei negro ou escuro e uns leotardos negros por baixo e ademais moitas ganas de pasalo ben....... Ánimo a todos os meus pequenos "cervantes"....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



